Cultura somos todes.
Quen somos?
Espiga naceu en 2023 como unha cooperativa cunha misión clara: transformar a cultura en experiencias que inspiren e xeren aprendizaxe.
Somos unha entidade de xestión cultural dedicada ao deseño e desenvolvemento de proxectos innovadores que combinan docencia, arte, patrimonio e tecnoloxía para crear propostas singulares e con impacto social.
Xestión Cultural
- Deseño, planificación e xestión integral de proxectos culturais.
- Produción e coordinación de eventos, programacións e actividades artísticas.
- Comisariado de exposicións, ciclos temáticos e proxectos curatoriais.
- Mediación cultural e deseño de programas de participación de públicos.
- Dinamización comunitaria e desenvolvemento de proxectos de cultura e territorio.
- Xestión administrativa, técnica e económica de iniciativas culturais.
- Asesoramento a entidades, institucións, asociacións e profesionais da cultura.
- Deseño de accións educativas, formativas e de sensibilización cultural.
